Arranca a Lexislatura do Parlamento Galego

17 Marzo 2024

A XII lexislatura do Parlamento de Galicia comeza este luns ás 11:00 horas coa elección da Mesa da Cámara e a toma de posesión dos 75 deputados dos catro partidos que obtiveron representación nas eleccións autonómicas do 18 de febreiro: PPdeG (40), BNG (25), PSdeG (9) e Democracia Ourensá (1).

Constituirase a Mesa de Idade despois da lectura do acordo da xunta electoral que fai públicos os resultados dos comicios. Esta mesa estará presidida polo deputado lucense do Partido Popular, José Manuel Mato Díaz, quen cumprirá 70 anos o próximo mes de maio. Actuarán como secretarios deste órgano o parlamentario electo do BNG pola provincia de Lugo, Iago Suárez, e o deputado popular electo pola provincia de Pontevedra, Raúl Santamaría, coñecido pola súa participación nun programa de televisión como un dos ‘Mozos de Arousa’.

Posteriormente levará a cabo a elección dos membros da Mesa do Parlamento, encargada de dirixir a Cámara. Miguel Santalices, do PP, volverá presidir a Mesa, acompañado na vicepresidencia primeira pola deputada Elena Candia e na secretaría primeira por Ethel Vázquez, ata entón conselleira de Infraestruturas e Mobilidade. Esta proposta anticipa os primeiros cambios no Goberno da Xunta que prepara Alfonso Rueda. Quedan por resolver os nomes que ocuparán a vicepresidencia segunda e a vicesecretaría, que segundo o resultado electoral, corresponderían ao BNG.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.