Máis de 15.000 atletas de todas as idades participaron na novena edición do Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña

15 Marzo 2024

O deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, participaron esta tarde no Pazo de Mariñán (Bergondo) no acto de entrega dos premios do IX Circuíto Provincial de Carreiras Populares.

A Deputación e a Federación Galega de Atletismo colaboraron, de novo, na organización das 30 carreiras do circuíto noutros tantos municipios coruñeses ao longo do ano pasado.

Antonio Leira felicitou ás gañadoras e aos gañadores das de cada unha das probas e agradeceu “a gran participación coa que contaron todas as carreiras, así como o extraordinario labor de organización e coordinación das probas que leva a cabo a Federación Galega de Atletismo, para posibilitar que no circuíto poidan participar o máximo número de concellos e de deportistas de todas as idades”.

Ao tempo, o deputado provincial indicou que “a vindeira edición do Circuíto de Carreiras Populares, xa a décima, contará con 35 probas, das que cinco terán lugar en municipios que non acolleran aínda o circuíto en anos anteriores, o que indica que cada vez estamos chegando a máis recunchos de toda a provincia”. Eses concellos que se unen ao circuíto este ano son As Pontes, As Somozas, Curtis, Mañón e Valdoviño.

Por último, Leira incidiu en que “desde a área de Deportes da Deputación, agardamos incrementar os 15.000 participantes desta última edición”. 

Nesta edición do circuíto proclamáronse vencedores na categoría absoluta masculina Amador Pena, e na feminina Elena Veres Ojea, ambos do SD Compostela Atletismo.

No podio por equipos, o SD Compostela Atletismo proclamouse vencedor tanto da categoría absoluta masculina como da feminina. O Club Atletismo Sar clasificouse segundo na categoría masculina e feminina e o Club Atletismo Tambre foi o terceiro clasificado na categoría masculina, mentres que a Asociación Deportiva Olimpia quedou terceira na feminina.

En canto ás categorías de menores, os galardóns para os equipos femininos foron para o Club de Atletismo Noia, a Asociación Deportiva Olimpia e a SD Compostela, mentres que os equipos masculinos gañadores foron os da Asociación Deportiva Olimpia, o Club Atletismo Tambre e a SD Compostela Atletismo.

Na celebración desta gala tamén foron premiados outro medio centenar de atletas que obtiveron as mellores puntuacións nas diferentes categorías, desde benxamíns ata veteranos.

CATEGORIA ABSOLUTA FEMENINA

1.- Elena Veres Ojea                      SD Compostela Atletismo

2.- María Tarrío Martínez              SD Compostela Atletismo

3.- Elvira Tresguerras González  CA Sar

CATEGORIA ABSOLUTA MASCULINA

1.- Amador Pena Torreira              SD Compostela Atletismo

2.- Marcos García Soñora             CA Noia

3.- Manuel Castiñeiras Portos      SD Compostela Atletismo

CLUBS ABSOLUTO FEMENINO

1.- SD Compostela Atletismo                   4488 puntos

2.- Club Atletismo Sar                                2876 puntos

3.- Asociación Deportiva Olimpia            1983 puntos

CLUBS ABSOLUTO MASCULINO

1.- SD Compostela Atletismo                   3244 puntos

2.- Club Atletismo Sar                               2980 puntos

3.- Club Atletismo Tambre                        1563 puntos

CLUBS MENORES FEMENINO

1.- Club Atletismo Noia                              8113 puntos

2.-Asociación Deportiva Olimpia              3996 puntos

3.-SD Compostela Atletismo                    2482 puntos

CLUBS MENORES MASCULINO

1.- Asociación Deportiva Olimpia             4919 puntos

2.- Club Atletismo Tambre                        3181 puntos

3.- SD Compostela Atletismo                   2059 puntos

Relación das 35 carreiras que integran o X Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña:

CARREIRA CONCELLODATA
XIII Sin-Son 10K Porto do Son22/12/2024
10K Carballo 2024. XII Carreira Popular Concello de CarballoCarballo02/06/2024
43 Edición Carreira Internacional de Negreira ” A CLÁSICA” Negreira03/11/2024
XXIII Carreira Pedestre Popular Concello de AmesAmes20/10/2024
XXXIII Carreira Popular Concello de  Cambre Cambre15/08/2024
X Carreira Popular Concello de Rianxo Rianxo01/11/2024
XII Carreira Pedestre Concello de Vimianzo Vimianzo21/04/2024
XIX Carreira Popular Mar de Boiro17º Memorial Pepe BucetaBoiro01/12/2024
XI Carreira Nocturna Corre Por Ferrol Ferrol14/09/2024
XII Carreira Pedestre Concello de Camariñas Camariñas10/03/2024
IX Carreira Pedestre Popular Concello de FradesFrades01/05/2024
XV    Carreira Popular Concello da Pobra do CaramiñalPobra do Caramiñal25/08/2024
VIII Carreira Pedestre Concello de Dumbría Dumbria25/05/2024
9ª Carreira Pedestre Nocturna Concello de Cee 2024Cee06/07/2024
41 Carreira Pedestre Popular da  Amaia Brion05/10/2024
XXV Carreira Popular Sta Uxía Ribeira28/09/2024
XXX I Carreira das Areas Carnota23/06/2024
XVI Carreira Pedestrte Popular de Noia Noia31/08/2024
VII Carreira Pedestre Concello de Mazaricos Mazaricos05/05/2024
XIX Carreira Pedestre Popular Concello de O PinoO Pino22/09/2024
IX Carreira Popular Dolmen De DombateCabana de Bergantiños21/09/2024
IX Carreira Concello de Muxía Muxia14/07/2024
IX Carreira Pedestre Concello de Zas Zas01/06/2024
IX Carreira Pedestre do Concello de Fisterra Fisterra13/10/2024
XXI Carreira Vila de Corcubión Corcubion07/09/2024
XXXII Milla Urbana ” Concello de Ares” Ares03/08/2024
IV Carreira Pedestre Clásica Gandeira Santa Comba24/03/2024
XIX Carreira Pedestre de Lestrobe Dodro12/10/2024
9ª Carreira Popular de San Sadurniño San Sadurniño09/06/2024
VII Carreira Popular do Apóstolo Vilaño A Laracha13/07/2024
31 Carreira Pedestre San Xosé 2024 As Pontes17/03/2024
VII Volta Ás Forcadas Valdoviño16/06/2024
II Trail Concello de Mañon Mañon26/10/2024
II Milla Urbana Concello de Curtis Curtis02/08/2024
I Carrera Popular do Concello de As Somozas As Somozas08/09/2024

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.