Noia presenta o seu programa para a Semana Santa 2024

15 Marzo 2024

Coa Semana Santa ás portas, Noia presentaba este mércores 13 de marzo a súa programación para esta festividade. Salientar as oito procesións que definen a importancia que se lle dá a estas datas na localidade noiesa, histórica celebración que comeza a mediados do século XVIII. As confrarías das Dores, Nazareno, Resucitado e Terceira Orde Franciscana únense coa parroquia de San Martiño para conformar a programación.

O venres 22 de marzo, ás 20 horas, comeza de xeito oficial a Semana Santa noiesa, coa misa en honra da Virxe dúas Dores para continuar coa procesión.

O 24 de marzo, Domingo de Ramos, será a quenda da bendición de palmas, que se realizará ao mediodía na praza do Tapal, para seguir logo cun desfile liderado por unha borriquita. Na tarde deste domingo, terá lugar a procesión do Ecce Homo, que partirá de San Francisco e rematará cunha misa pechada co pregón. O dito pregón correrá a cargo de Charo Barca Fernández, impulsora e presidenta da Fundación Andrea (asociación de apoio ás familias de nenos e nenas con enfermidades de longa duración). Engadir que esta é a primeira vez que se conta cunha pregoeira, feito que quere servir para salientar a presenza da muller na Semana Santa de Noia, segundo o párroco de San Martiño, José Ortoño.

O mércores 27 de marzo, ás 21.30 horas, levarase a cabo o vía crucis e a procesión do Cristo da Misericordia.

O xoves 28 de marzo, Xoves Santo, estará protagonizado pola comitiva das carracas, que percorrerá a vila ás 20 horas.

O venres 29 de marzo, Venres Santo, contarase cun programa con Santo Encontro no Curro ás 10.30 horas e desencravo e procesión ás 20 horas.

A data de peche da Semana Santa noiesa será o domingo 31 de marzo, Domingo de Pascua, na que se celebrará unha última procesión, a do Resucitado, ás 11 horas, con saída da capela de Santo Bernardo e chegada a San Martiño.

Engadir, por último, que para promocionar a Semana Santa de Noia creouse un vídeo que se vai poder visualizar nas redes sociais.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.