Éxito de participación na Campaña do Día do Pai en Ribeira, que remata o 19 de marzo

15 Marzo 2024
Presentación da campaña no local da asociación

A Asociación de Empresarios de Ribeira desenvolve este mes de marzo unha nova edición da Campaña do Día do Pai, encamiñada a favorecer as compras locais ao tempo que premia e visualiza a fidelidade da veciñanza cos establecementos do concello. A iniciativa, segundo confirmou a patronal, está a ser un éxito de participación. De feito, o día 15 de marzo xa se superaran os 2.100 tíckets rexistrados, sendo a previsión acadar os 2.500 ao remate da edición.

Dende a patronal animan a todas aquelas persoas que teñan pendente adquirir agasallos con motivo do Día do Pai que poden participar na campaña até o 19 de marzo e gañar deste xeito un premio de 1.000 euros para gastar durante unha xornada nos establecementos locais participantes. Para isto, só teñen que rexistrar os tíckets das compras e consumicións que efectúen nos ditos establecementos.

O sorteo vai destinado a tódolos clientes que merquen e consuman nos establecementos asociados adheridos á campaña. O obxectivo fundamental é “incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista e hostalería de Ribeira”, fixo saber o presidente da patronal.

O sorteo realizarase o mércores 20 de marzo ás 13.00h no local da Asociación de Empresarios de Ribeira.

Segundo explicou a patronal, o premio ten que ser gastado un día en concreto a determinar entre a asociación e a persoa premiada nos establecementos participantes nesta campaña, como data máxima o 14 de abril de 2024. O importe deberá ser investido nos tres sectores que participan nesta campaña: comercio, hostalería e restauración. Para repartir o premio entre varios participantes, como máximo o premiado pode gastar 100€ en cada un dos establecementos elixidos para gastar o premio.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.