A nova edición de Os 100 dos Internacional Trekkers ten a Rianxo como concello anfitrión… e a Catoira como convidado

15 Marzo 2024

Xa colle corpo a proba deportiva máis dura da nosa comarca e, sen lugar a duras, unha das máis destacadas do panorama galego e estatal: Os 100 dos Internacional Trekkers, que vén novamente con dous formatos de andaina e ultratrail. Desenvolverase entre o 22 e o 23 de xuño.

Logo do protagonismo de Boiro na anterior edición, desta volta será Rianxo o concello anfitrión. As inscricións poden facerse xa en www.itrekkers.org.

Organizan os Concellos de Rianxo, Lousame, Noia, Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Boiro, xunto coa Mancomunidade Barbanza Arousa e o Concello de Catoira, que será o municipio convidado desta convocatoria (con especial protagonismo das Torres do Oeste). A proba pasará por todos os devanditos territorios.

Os 100 do Barbanza é unha proba de trail de 100 quilómetros que se realiza en 24 horas e que forma parte da Liga de Sendeirismo de Galicia e da Liga Ibérica. “É unha proba de ultrafondo e ultradistancia das máis importantes do territorio nacional, e que supón un desafío persoal e deportivo”, sinalan dende a organización.

A nova edición da proba foi presentada nos seus detalles o venres 15 de marzo no Concello de Rianxo. Segundo se fixo saber, “este ano a proba promete unha experiencia inesquecíbel coa saída máis especial ata a data”. De feito, as e os participantes iniciarán o seu percorrido a bordo dun barco explorando treitos do lendario Roteiro Xacobeo. Desta maneira, as e os deportistas desembarcarán nas históricas Torres de Oeste en Catoira, onde serán recibidos “coa autenticidade e a forza dos viquingos”, expresou a organización, salientando que “desde alí a proba dará inicio oficialmente, abrazando parte do Camino A Orixe”.

Como cada ano a proba percorrerá os sete concellos da comarca do Barbanza. Nesta IX edición, a proba sairá desde Rianxo para continuar por Lousame, Noia, Porto do Son, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e regresar a Rianxo. Un dos principais obxectivos da organización é “poñer en valor a enorme riqueza paisaxística, cultural e histórica do Barbanza, a través de camiños ancestrais, sendas fluviais, corredoiras, etc”.

Trátase dunha proba non competitiva, con percorrido circular e un desnivel positivo aproximado de 3.000 metros.

Como dixemos, as inscricións están dispoñíbeis en www.itrekkers.org. Para seguir toda a información sobre a carreira, os interesados deben estar atentos ás redes sociais Instagram (@Os100doBarbanza) e Facebook (Os 100 dos International Trekkers).

O evento conta con só 300 prazas, con prezos de inscrición de 70€ ata o 30 de abril, e logo aumentarán a 90€ no seguinte tramo de inscricións ata o 10 de xuño.

O International Trekkers Barbanza Sar (ITBS) é un club de montañismo integrado por seareiros das comarcas de Sar (concellos de Padrón, Rois e Dodro) e de Barbanza (concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Lousame, Ribeira e Porto do Son). A entidade foi fundada en 2013 co obxectivo de “organizar e xestionar a primeira carreira de ultrafondo de Galicia (100 quilómetros en 24 horas)”.

O ITBS está conformado por corredores con moita experiencia en probas de ultrafondo, sendo frecuente a súa participación en marchas de 50 quilómetros en Galicia e o norte de Portugal. Ademais, son asiduos á Copa Galega de Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo.

A inscrición inclúe dorsal, medalla e diploma de participación, ademais dunha camiseta da proba, unha bolsa de agasallos, seguros, o alugueiro de dispositivos de localización, avituallamentos tanto sólidos como líquidos e cea. Na comida final de confraternidade as e os participantes gozarán de produtos gastronómicos da zona para celebrar os logros e compartir experiencias entre todas as persoas participantes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.