Este sábado celébrase en Muros unha visita guiada encadrada nas celebracións do 8M

15 Marzo 2024

O Concello de Muros, a través da Concellería de Igualdade e da Muller, celebra este sábado unha das actividades principais do programa municipal para celebrar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Trátase dunha visita guiada polo polo conxunto histórico da vila de Muros e polo Museo do Mar. A actividade, aprazada dende a súa data inicial da pasada fin de semana por mor do mal tempo, será finalmente este sábado, 16 de marzo, ás 11:30 horas. Desenvolverase baixo o epígrafe O papel da muller polo conxunto histórico e polo Museo do Mar. As prazas serán limitadas. As Inscricións previas deben facerse no teléfono 981 826 050.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.