SEA adxudica catro parcelas nos parques de Rianxo, Catoira e Cee

14 Marzo 2024

A Sociedade Estatal Solo Empresarial do Atlántico (SEA) celebrou na tarde deste 14 de marzo un consello de administración
no que participaron a directora xeral de SEPES e a presidenta de SEA, Leire Iglesias; a conselleira de Medio Ambiente, Territorio
e Vivenda da Xunta, Ángeles Vázquez; o director económico financeiro de SEPES, Miguel Ángel Pino; o secretario xeral da Delegación do Goberno en Galicia, Alberto de la Fuente; e a xerente de SEA, Beatriz Sestayo.

Neste consello de administración adxudicáronse catro parcelas en tres dos parques empresariais xestionados por SEA: dúas parcelas no polígono de Cee; unha no de Rianxo; e outra no de Catoira.

A empresa Búa Construcciones e Servizos S.L., con sede no Concello de Dumbría, instalarase no parque empresarial de Cee tras adquirir unha parcela de 1.890 metros cadrados.

Elevacións Paz Transportes S.L. tamén adquiriu unha parcela no mesmo polígono, que conta cunha superficie de 2.263 metros cuadrados.la empresa Investimentos Agro dous Mouriños, S.L. confiou no parque empresarial de Rianxo (o Polígono do Te) para adquirir unha parcela de 2.732 metros cadrados, que hoxe o consello de administración de SEA adxudicou.

No parque empresarial de Catoira establecerase, nunha parcela de 1.811,33 metros cadrados, a compañía Tesalumy S.L., empresa referente na reciclaxe de contedores industriais e que se acolleu á opción de dereito de superficie con opción a compra.

Contas do exercicio 2023

Segundo explicaron as responsábeis de SEA, no ano 2023 a sociedade “volveu demostrar a súa capacidade de autofinanciamento”, xa que o exercicio –do que se aprobaron as contas na tarde deste 14 de marzo– desenvolveuse con perfecta execución da planificación orzada con anterioridade. Así, fixeron fronte ás actuacións previstas, pero lanzando un resultado positivo que lles permite acometer outras operacións en 2024. “A pesar de cumprir cos investimentos previstos nos diferentes parques, non tivemos que acudir a créditos e mantemos as contas limpas e a autonomía financeira”, explicou a xerente de SEA. Durante 2023 comercializáronse 70.739,96 metros cadrados de solo en nove parques empresariais, actuacións que supoñerán a creación duns 1.000 postos de traballo en sectores produtivos como as empresas conserveiras e do mar, ou na construción.


Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.