
A avoa de Aguiño, Pura Pérez Sampedro, faleceu aos 104 anos. Era coñecida pola súa memoria excepcional e por ser testemuña da historia local. Pura compartía anécdotas e relatos sobre a vida en tempos pasado .
O pasao 30 de decembro membros do equipo de Goberno de Ribeira visitaron a Pura Pérez Sampedro, pra darlle os parabéns polo seu cumpreanos, no acto participaron o alcalde Luís Pérez Barral, o tenente alcalde Vicente Mariño e máis o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes.
A homenaxeada era unha veciña moi coñecida da parroquia aguiñense, e, de feito foi a responsábel do estanco da vila durante moitos anos. Pura demostrou naquela ocasión na celebración dos seus 104 anos (primeiro coa súa familia e logo cos representantes do Concello) estar en plenitude de facultades, o que, sumado á súa vitalidade e a súa boa saúde, prepara o terreo para celebrar, tamén, os 105.
Os restos de Pura están a ser velados e o seu funeral levará a cabo na igrexa parroquial de Aguiño, seguido pola súa sepultura no cemiterio parroquial de Carreira.




