O vindeiro 28 de marzo celébrase a 12ª edición da Velada de Boxeo Cidade de Ribeira

28 Marzo 2024

O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, presentou este mércores 13 xunto ao equipo da Escola de Boxeo El Canario, a 12º edición da velada de boxeo Cidade de Ribeira que terá lugar o vindeiro xoves 28 de marzo no Polideportivo Torres Colomer a partir das 19:00 horas.

As entradas pódense obter na sede da Escola de Boxeo O Canario ao prezo de 10 euros.

Segundo indicaron, haberá 8 combates “nos que participarán boxeadores de varias partes de Galiza, e serán 3 asaltos de 3 minutos cada un”.

Clara Millares, deportista integrante do dito club, engadiu que será o seu sexto e último combate en Ribeira. Debutarán tamén nesta edición Pablo Miniño e Nico Benítez.

O concelleiro Xabier Vidal agradeceu o “emprendemento da escola para organización deste tipo de eventos” e reiterou o compromiso da Concellería para seguir apoiando a participación deportiva e o talento local.

Outros artigos

Luns 2, manterase o tempo seco e soleado con forte contraste térmico

O tempo manterase este luns 2, Fieis Defuntos, estable no comezo da semana con néboas matinais e contraste térmico O inicio da semana estará marcado pola continuidade dunha situación atmosférica moi estable en toda a comunidade galega, sen cambios significativos a...

+

Os cemiterios énchense de flores no Día de Todos os Santos

O pobo mantén viva unha tradición que conecta o presente coa lembranza dos seres queridos ausentes O Día de Todos os Santos volveu encher de cor, flores e recollemento os camposantos galegos nunha xornada marcada polo recordo e o agarimo cara a quen xa non están. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

“Fieles Difuntos”.  Manuel Dominguez III

“Fieles Difuntos”. Manuel Dominguez III

Dia dos de Noviembre, esta será tu casa. Año 985-998: La conmemoración fue instituida en Francia por el monje benedictino San Odilón, abad de Cluny, quien ordenó que en todos los monasterios de su orden se rezara por las almas de los difuntos cada 2 de noviembre. Esta...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.