
O alcalde Manuel González, o tenente alcalde, Anxo Núñez, e o deseñador gráfico local, Ismael Calvo, presentaron os días pasados a nova imaxe institucional e o manual corporativo do Concello de Outes. Trátase dun plan de comunicación gráfica que, nas súas palabras, “facilitará e mellorará a comunicación da administración pública coa cidadanía”.
O novo deseño, engadiron, “traslada os elementos principais do escudo oficial cara unha linguaxe visual simplificada e atractiva”. De feito, a imaxe institucional mostra aos dous elementos principais que sempre definiron ao Concello: a ponte e o río Tins.
Na rolda de prensa tamén se anunciou que nos vindeiros meses publicaranse as seguintes melloras no eido da comunicación: a elaboración dunha nova páxina web máis accesíbel, sinxela e eficaz; e a creación dunha nova app móbil para facilitar o acceso a información da cidadanía e a comunicación directa co Concello para trasladar propostas e avisos
O manual de identidade pódese consultar na páxina web municipal.



