
O Concello de Ribeira adxudicou o proxecto de renovación do parque infantil da Horta do Cura (Palmeira) e da mellora da accesibilidade e pavimentación do entorno, con un importe de 128,322,11 euros e un prazo de execución de 4 meses.
A actuación proxecta a renovación do parque infantil, ampliando a súa superficie e instalando novos xogos, así como un novo chan de caucho. Amais, mellorarase a accesibilidade peonil na zona da fonte e o camiño do parque. Renovarase a maiores a liña de alumeado público e os elementos existentes, instalando novas balizas, luminarias e proxectores.
“Dende o Concello seguimos a traballar para mellorar os parques en tódalas parroquias e crear espazos de xogo seguros” explica o alcalde Luís Pérez. “A mellora da accesibilidade e infraestrutura fomenta a interacción social e o benestar de toda a veciñanza”.



