“Regresa o servizo militar?” – Manuel Domínguez

12 Marzo 2024

Regresa o servizo militar?

Dadas as actuais circunstancias, penso que podería ser un ano para decidir polo candidato ou partido en seis meses, para non prexudicarlle nos seus estudos, e que o candidato decida en que ano.

Así desta maneira non causaría dano á súa vida profesional, e cumpriríase cunha necesidade que ten nestes momentos o país.

Antigamente, moitos mozos quitaron o carné de conducir na súa época de mili, é máis, moitos estudaron para ser patróns de buques, logo ao finalizar a etapa militar tras uns estudos na escola de náutica, lograron ampliar o seu grao de capacitación, ser patróns de barcos dedicados á pesca co que conseguiron unha vida estable.

Suecia, país neutral durante 200 anos, acaba de ingresar na OTAN, Finlandia, Estonia, Lituania, Letonia, viven baixo a ameaza do sápatra de Putin.

En 2014 Rusia conquista Crimea.

O primeiro sinal obvio de que Crimea estaba a ser arrebatada a Ucraína apareceu o venres 28 de febreiro cando Rusia instalou postos de control en Armyansk e Chongar, os dous principais cruces de carretas entre Ucraína continental e a península de Crimea

O xornalista da BBC John Simpson, quen se atopaba en Crimea nese entón, escribiu que foi a invasión máis “suave” dos tempos modernos.

A ameaza de Trump, de deixar abandonada á OTAN, e dicir que é amigo de Putin, como que rompe o chan aos altos representantes da Unión Europea.

Estudemos a historia, a Adolfo Hitler.

O 1 de setembro de 1939, Adolfo Hitler anunciou a invasión de Polonia despois que soldados regulares deste país houbesen presuntamente atacado territorio alemán. En realidade, todo foi unha montaxe nazi para xustificar a Invasión do país veciño.

O mundo libre deixou facer, e ante esta pasividade seguiu invadindo. A mesma pasividade de Crimea.

Se a un neno lle deixas facer, non podes negarlle o mesmo a semana seguinte, dirache porqué onte si, hoxe non, débese atallar no primeiro momento.

Cando Putin ameaza con guerra nuclear aos USA debera dicir que iso sería o fin da sociedade tal como hoxe coñecémola, que o pobo ruso, sería destruído igual que seria Europa, o pobo ruso debera de ter esa información, debater se a destrución de Europa xustifica a destrución de Rusia.

O comentar sobre o servizo militar obrigatorio de países onde non o tiñan, pode facer pensar (pensar?) a Putin, que as cousas non son como parecen.

A masacre da escola de Beslán tivo lugar o 1 de setembro de 2004 cando un grupo de islamitas de 30 persoas armadas irrompeu nun colexio de Beslan en Osetia do norte, Rusia, tomando como reféns a 1181 persoas, a maioría nenos. O operativo levado a cabo por forzas de seguridade rusas o 3 de setembro terminou cun tiroteo entre os secuestradores e as forzas de seguridade, que deixou un saldo de 334 mortos (186 deles nenos) e máis de 700 feridos.

Así actúa Putin, definido queda.

Foto- Retrato realizado durante a miña estancia en Ucraína cidade de Odessa ano 1974, polo artista restaurador Martín K.

Outros artigos

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.