David Amor e Josito Porto levan “Go Home” ao Coliseo Noela de Noia (o 23 e o 24 de marzo)

11 Marzo 2024

O Coliseo Noela acollerá este mes de marzo a estrea da obra teatral Go Home, escrita por Tito Asorey e protagonizada por David Amor e Josito Porto, dous grandes representantes da nosa comedia nos seus máis variados formatos e expresións.

Realizaranse dúas funcións o 23 de marzo as 20:30 e o 24 de marzo as 20:00.

Segundo confirmou a Área de Cultura de Noia, as entradas xa están dispoñíbeis en ATaquilla.com.

Go Home é o novo espectáculo de teatro que conta con David Amor e Josito Porto como protagonistas, en asociación José Prieto, Tito Asorey, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira ou Xavier Porto. Trátase dunha comedia negra e, tamén, unha peza comprometida coa realidade que conta a historia de David, un fanático das viaxes que xa fixo todas as andanzas que as axencias de turismo lle podían ofertar… Todas, agás unha en concreto. Comeza así o secuestro do protagonista, a quen se lle abrirá todo un mundo de emocións ante a dúbida de se o que está a vivir é real.

Outros artigos

Na Pobra cancélase a Feira do 17 por mor do mal tempo

Malia que o propio venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, estaba programado que O Cantón da Leña (A Pobra do Caramiña) se convertese no epicentro local da festa coa Feira do 17, a mala previsión do tempo obrigou á súa cancelación, segundo vén de confirmar a Área...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...