A mostra do XVII Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica recala na Pobra

08 Marzo 2024

Unha escolma dunha trintena de obras integran a exposición correspondente ao XVII Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica promovida pola Deputación da Coruña que chega á Casa da Cultura Raquel Fernández Soler.

A mostra recala na Pobra do Caramiñal ata o 31 de marzo composta por creacións procedentes de diferentes disciplinas técnicas (gravado calcográfico, litografías, serigrafías e xilografías) escollidas polo xurado do dito certame anual que conta coa participación de artistas de dezanove países. Entre as pezas exhibidas atópase a gañadora desta edición: a serigrafía Ikatz/Harri II, da artista Myriam Gesalaga.

Con relación a esta exposición, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, declara que “é unha magnífica oportunidade para desfrutar do talento de creadores e creadoras gráficas de diferentes culturas.”

A sala pode visitarse de luns a venres, de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.