O público de Rianxo terá ao seu dispor o bus do Centro Dramático Galego para asistir o 3 de maio á representación en Santiago de “Os actos e as profecías”

08 Marzo 2024

O Concello de Rianxo súbese esta tempada ao autobús do Centro Dramático Galego, o que significa que a veciñanza vai ter a oportunidade de achegarse até as funcións do CDG en Compostela no vehículo fretado polo CDG a través da súa colaboración cos Concellos, neste caso concreto o de Rianxo a través da súa Área de Cultura. En concreto, o autobús do teatro levará o público rianxeiro á representación no Salón Teatro compostelán de Os actos e as profecías, produción enmarcada no programa de mobilidade do Centro Dramático Galego (Sobes ao autobús do teatro?). Será o vindeiro 3 de maio ás 18.00 horas, con saída ás 16.00 horas do Centro Sociocultural do Auditorio de Rianxo. A entrada terá un prezo de tres euros. As inscricións cómpre facelas na conta de correo cultura@concelloderianxo.gal e (preferíbel) e no teléfono 981 100 688.

A obra Os actos e as profecías é a produción central na celebración do 40º aniversario do Centro Dramático Galego. O espectáculo, dirixido por Tamara Canosa e Xacio Baño, ten como fío condutor os chamados talent shows, un dos formatos televisivos de maior éxito nos últimos anos. A partir del, abórdanse temáticas como a competitividade, as expectativas de superación, as presións constantes ou as esixencias impostas para o sacrificio. Ademais de se presentar como o espectáculo principal do ano 2024 da unidade de produción teatral da Xunta, Os actos e as profecías é unha das propostas resultantes do proxecto europeo Phōnē para a posta en valor tanto da diversidade lingüística europea como das linguas minoritarias a través do teatro. Nel, ademais do Centro Dramático Galego, participan de xeito transversal distintos departamentos da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xunto a entidades escénicas doutros sete países.

No marco desta iniciativa, Tamara Canosa e Xacio Baño tiveron a oportunidade de explorar novas vías creativas a través do intercambio cos responsables doutros dos espectáculos xestados ao abeiro de Phōnē como os que están a desenvolver o Fryske Toaniel Stifting Tryater (Países Baixos), Deutsch-Sorbisches Volkstheater Bautzen (Alemaña), Teatrul Evreiesc de Stat (Romanía), Stadttheater (Italia), Fibin Teo (Irlanda), Teatr Piba (Bretaña/Francia) e Kvääniteatteri (Noruega). Deste xeito, xunto co galego, están representados neste proxecto europeo o frisón, o alto e o baixo sorobio, o yiddish, o ladino, o gaélico, o bretón e o kven.

O nexo común de todas as montaxes ten que ver co emprego de métodos de escrita biográfica/documental e de teatro comunitario interxeracional, ademais da aposta por novos formatos escénicos e a aplicación de novas tecnoloxías e ferramentas dixitais.

O equipo do Centro Dramático Galego que traballou en Os actos e as profecías

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.