Máis de 600 inscritos para I Andaina Solidaria Art for Dent en Ribeira

05 Marzo 2024

Os edís Xabier Vidal e Fernando Abraldes presentaron este 5 de marzo a primeira Andaina Solidaria Art for Dent organizada pola Asociación Galega da Enfermidade de Dent xunto co colexio Galaxia.

A Asociación Art for Dent está formada por familias de Galicia e Asturias, unidas para loitar contra esta enfermidade minoritaria que afecta gravemente aos riles. Segundo explicou Fernando Yáñez, o obxectivo principal da asociación é o de visibilizar e recaudar fondos para a investigación desta “enfermidade rara” que leva a cabo o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.

A andaina organizada en Ribeira terá lugar o 17 de marzo con saída dende a Praza de España e cun percorrido de 6 km ata Pedrá da Rá, para a que xa hai máis de 600 persoas inscritas.As inscricións poderanse realizar a través da web de www.deporticket.com ou ben nas instalacións do Colexio Galaxia en Ribeira.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.