A nosa comarca vai celebrar con múltiples actividades o Día Internacional da Muller, este 8 de marzo. No caso de Porto do Son o Concello propón entre outras accións un curso gratuíto sobre saúde para mulleres (o vindeiro mes de abril), un programa de xornadas gratuítas de aquagym, unha exposición sobre deporte feminino e, tamén, unha Andaina pola Igualdade programada para este domingo 10 de marzo. Será unha ruta circular de 15 quilómetros de dificultade medio polo territorio sonense. A saída está fixada para as 9.30 horas dende a praza do Curro de Portosín. Trátase dunha actividade de balde e aberta a toda a veciñanza do Son e do Barbanza que queira participar. As inscricións cómpre facelas na Área de Deportes do Concello e na conta de correo deportesdoson@gmail.com.




