O Son acolle en abril un curso gratuíto sobre muller e saúde no marco do Día da Muller

04 Marzo 2024

No marco da celebración do Día Internacional da Muller (este venres 8 de marzo), o Concello de Porto do Son vai impulsar un curso gratuíto sobre Muller e saúde. Celebrarase o vindeiro 9 de abril no Club de Xubilados de Porto do Son, en horario de 16:30 a 20:30 horas. A persoa encargada de impartilo será a Paula Sánchez Flores, matrona do Complexo Hospitalario da Coruña, o CHUAC. O curso, programado pola formadora Begoña García Cepeda, vén da man da Escola Galega de Saúde, a axencia ACIS de coñecemento en saúde e o Concello de Porto do Son. As inscricións cómpre facelas na Área de Servizos Sociais do Consistorio sonense entre o 4 e o 22 de marzo, a través da conta de correo maria.santos.lemina@portodoson.gal.

Os obxectivos do curso son mellorar a información e a comprensión dos cambios evolutivos na muller e axudar a previr enfermidades propias do colectivo feminino.

Tocaranse cuestións como a menopausa e a osteoporose, a prevención xinecolóxica, os factores de risco, recursos de fisioterapia e beneficios dunha alimentación saudábel e do exercicio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.