O Concello de Ribeira informou de que xa comezaron este mes de marzo as obras para poñer a punto o parque infantil de Pedra Pateira, no barrio de Bandourrío (Santa Uxía).
A actuación contempla unha liña de pluviais para evitar a acumulación de auga superficial, novos camiños accesíbeis de entrada e a instalación de novos xogos baixo unha nova capa de caucho e un novo valado perimetral.
Trátase dunha intervención cun orzamento de 171.831,47 euros con IVE, financiado dentro do plan POS+2021.
A día de hoxe, este parque presenta unha capacidade insuficiente para os usuarios que o frecuentan e parte dos xogos infantís están bastante deteriorados. Por outra parte, o camiño de saburra que comunica as zonas infantís enchóupase con certa frecuencia cando chove e os accesos ao parque non conta dunha anchura adecuada.




