Unha colisión entre dous vehículos en Ames sáldase con dúas persoas falecidas e dúas feridas de gravidade

03 Marzo 2024

O condutor e o acompañante dun dos vehículos implicados neste accidente perderon a vida debido á colisión, no outro turismo, dous ocupantes tiveron que ser excarcerados polos servizos de emerxencia.

Daban ás 17:45 horas cando os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia foron informados dun accidente grave na AC-543, ao seu paso pola parroquia de Ortoño, en Ames (A Coruña). Segundo puido saber o 112 Galicia, debido á colisión podería haber persoas atrapadas e que precisasen asistencia sanitaria urxente.

De inmediato, os xestores pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro e de Santiago, aos membros do GES de Brión, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Ames.

Nada máis chegar ao punto, o persoal sanitario confirma ao 112 Galicia que os dous ocupantes dun dos vehículos implicados perderan a vida debido á colisión. A maiores, foi necesaria a intervención dos Bombeiros para realizar labores de excarceración e liberar a dúas persoas do interior do outro vehículo implicado, ambos feridos de consideración.

Nestes momentos, os Bombeiros encárganse das tarefas para liberar do interior do vehículo a unha das vítimas mortais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.