O 11 de marzo remata o prazo para as novas adhesións ao SICTED do destino Barbanza Arousa

29 Febreiro 2024

A Mancomunidade Barbanza Arousa, en consonancia coa súa estratexia de colaboración público-privada, continúa este ano coa implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, SICTED, entre os axentes turísticos do territorio.

Despois da realización de dúas xornadas informativas nos concellos de Ribeira e Rianxo os pasados días 21 e 27 de febreiro, establécese un prazo ata o día 11 de marzo para concretar as novas adhesións de empresas interesadas en participar deste proxecto de impulso da calidade turística.

Aquelas empresas que estean interesadas en formar parte do proxecto poden realizar a súa adhesión na web do SICTED ou ben contactar coa Mancomunidade Barbanza Arousa en info@barbanzarousa.gal.

O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da FEMP, que traballa con servizos turísticos de ata 37 oficios diferentes, podendo participar todos os establecementos que se atopan no círculo do consumo do turista como transporte, aloxamento, restauración, comercio ou axencias de viaxes entre outras.

O obxectivo último é “mellorar a experiencia e satisfacción do turista; mais para os servizos turísticos que decidan adherirse ofrece beneficios tales como mellorar a xestión interna, dispoñer dunha referencia para mellorar o seu traballo, incrementar a cualificación do persoal, compartir experiencias con empresarios do mesmo sector, participar no maior proxecto de calidade turística desenvolto en España con máis de 9000 servizos turísticos participantes ou optar a un distintivo que acredita o nivel de calidade turística, recoñecendo o esforzo realizado a nivel nacional e internacional”.

Os Concellos de Barbanza Arousa (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo) lembran que na pasada edición da implantación do SICTED conseguiron certificarse 36 empresas e servizos turísticos do destino, representando a un total de 16 oficios diferentes, recibindo o recoñecemento a nivel nacional como caso de éxito na implantación deste selo de calidade turística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.