O Concello de Ribeira adxudica o pavimentado e renovación de servizos na rúa Portugal

29 Febreiro 2024

O Concello de Ribeira adxudicou a pavimentación e renovación de servizos na rúa Portugal, en Ribeira, cun orzamento de 37.371,12 euros e un prazo de execución de 4 meses. Este investimento inclúese no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS+ 2023, da Deputación da Coruña.

Segundo explica o Concello, esta rúa presenta un pavimento moi deteriorado e non existe rede separativa de sumidoiros, polo que se proxecta a renovación completa do firme da rúa mediante a pavimentación e a instalación dunha rede de saneamento e recollida de augas pluviais.

Fontes do Consistorio engaden que “a aplicación do novo firme e a renovación da rede de saneamento e pluviais son actuacións fundamentais en infraestruturas urbanas que melloran a seguridade, a funcionalidade das infraestruturas urbanas e a calidade de vida da veciñanza”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.