Ribeira vai acoller este mes de marzo unha actividade formativa que amosará diferentes recursos de protección que podemos poñer en marcha de cara aos abusos das entidades bancarias e outras entidades. A sesión Reclamación dos gastos hipotecarios vén da man da OMIC e celebrarase o vindeiro 6 de marzo ás 19.30 horas no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira. Segundo lembran os organizadores respecto dos dereitos básicos dos consumidores fronte este tipo de préstamos, todas as persoas consumidoras que asinasen unha hipoteca antes de xuño de 2019, poden reclamar a devolución dos gastos de constitución considerados abusivos e nulos (gastos de xestoría, notaría, rexistro da propiedade, taxación, comisión de apertura e, só para as hipotecas anteriores a 10/11/2018, tamén o imposto de actos xurídicos documentados).




