A Pobra acolle este 2 de marzo unha cea solidaria en favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC)

26 Febreiro 2024

O vindeiro sábado, día 2 de marzo, celebrarase na Pobra a Cea Solidaria en favor da AECC, organizada polo colectivo local da Asociación Española Contra o Cancro. Será ás 21:30 h no restaurante pobrense Torre de Xunqueiras. Ao igual que en anteriores edicións, celebrarase un sorteo de agasallos doados por establecementos da Pobra do Caramiñal e grazas a colaboración da empresa CONGALSA, con sede no municipio. A cea estará amenizada por DJ Jalaiko. As entradas, a un prezo de 45 €, poderán adquirirse ata o día 27 de febreiro, nos locais especificados no cartel que podemos ver máis abaixo. Dende a Xunta Local da AECC da Pobra agradecen de antemán o apoio de todas as empresas colaboradoras e animan á cidadanía a participar neste evento e repetir o éxito dos anos anteriores.

Un saúdo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.