A historia do golfiño “Manoliño” chega a Rianxo o 15 de marzo da man da Xanela do Maxín

26 Febreiro 2024

O Auditorio de Rianxo vai acoller o vindeiro 15 de marzo un espectáculo de teatro familiar (para crianzas a partir de 3 anos), Confi, O Golfiño Manoliño, que relata a loita pola supervivencia do golfiño galego do mesmo nome, que é un vello coñecido da nosa xente do mar. A cita, que vén da man da Xanela do Maxín, comezará ás 18.00 horas do día 15 e terá unha duración de preto dunha hora. A cita será de balde ata completar capacidade, coa retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do Auditorio

Argumento

Coa misión de difundir a defensa do medio ambiente, Confi, O Golfiño Manoliño é un espectáculo de teatro documento que narra os feitos reais da loita pola supervivencia do golfiño do mesmo nome.

Baséase na historia do arroás que frecuenta as praias da ría de Muros e Noia, ofrecendo unha visión ampla do tema e concienciando sobre a importancia do coidado do medio mariño e da vida salvaxe.

A obra combina o traballo actoral, cos monicreques e proxeccións e, céntrase na conservación e o medio ambiente. “Confi brinda a oportunidade de aumentar a concienciación, sensibilizar sobre o tema e marcar a diferenza”, sinalan dende A Xanela do Maxín.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.