O Concello do Son rende homenaxe a Rosalía coa plantación dunha figueiriña na Casa da Cultura de Queiruga

25 Febreiro 2024

Este venres 23 de febreiro o Concello de Porto do Son conmemorou o Día de Rosalía de Castro (23-F) coa plantación dunha figueiriña a carón da Casa da Cultura da parroquia de Queiruga. Na homenaxe participaron o alcalde, Luis Oujo, e mailos concelleiros de Cultura e Medio Ambiente e Rural, Alicia Martínez e Juan José Calo.

A figueira, como lembraremos, é unha árbore de forte carga simbólica na obra e na vida da escritora de Padrón. No seu libro de poemas Cantares gallegos, fala con agarimo da súa casa e do seu quintal deste xeito: “Miña terra, miña terra; terra onde meu eu criei; hortiña que quero tanto; figueiriñas que prantei”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.