A Academia Mega Ribeira participa na X edición da FIRST LEGO League Galicia

21 Febreiro 2024

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, e a concelleira de Cultura, Antía Alberte, visitaron a Academia de Informática Mega Ribeira con motivo da súa participación o vindeiro sábado 2 de marzo na X edición da First Lego League Galicia. Este torneo internacional, organizado en Galicia pola Universidade da Coruña, a través do Campus Industrial e a Escola Politécnica Superior de Educación de Ferrol, é un concurso educativo que reúne a nenos e mozos de entre 6 e 16 anos. Durante o evento, os participantes fusionan tecnoloxía, ciencia e espírito deportivo ao construír e programar robots utilizando pezas LEGO e resolver retos temáticos.

O obxectivo principal da First Lego League é promover as vocacións tecnolóxicas e científicas entre os mozos. Os valores tamén xogan un papel fundamental, incluíndo competencia amistosa, respecto aos demais, traballo en equipo, inclusión e innovación. Os xuíces do evento avalían tanto o rendemento técnico como a adhesión a estes valores.

A Academia Mega Ribeira ten unha destacada participación neste torneo, acumulando 6 anos de experiencia e gañando varios trofeos en distintas categorías.

“É unha honra ver como a mocidade do Concello de Ribeira se está a esforzar para acadar as mellores puntuacións neste concurso, e que ademáis están a adicar o seu tempo libre a aprender cuestións relacionadas coa programación e incluso co desenvolvemento de aplicacións que permiten controlar robots a distancia” explicou o alcalde Luís Pérez.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.