O Concello de Outes distribuirá entre a veciñanza árbores autóctonas para combater os lumes dende as franxas secundarias de protección

21 Febreiro 2024

O Concello de Outes activou a convocatoria 2024 Plan de Recuperación de Árbores Autóctonas, que ten o duplo obxectivo de combater a propagación dos lumes forestais ocupando con frondosas as franxas secundarias de protección contra os incendios, e, tamén, incrementar a presenza no municipio da foresta con alto valor ambiental. Ao abeiro deste plan, o Concello repartirá de xeito gratuíto plantas de castiñeiro, cereixeira, bidueiros e carballo entre as e os propietarios que así o soliciten. Distribuiranse un máximo de 9 plantas variadas por propietario/a. As solicitudes deberán ser presentadas no Concello, no departamento de Urbanismo os días 22, 23, 26, 27, 28 e 29 de febreiro, chamando previamente ao teléfono 637 063 677 en horario de mañá.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.