Xosé Antón Parada leva á Pobra a tradución ao galego do Código de Hammurabi

20 Febreiro 2024

O Código de Hammurabi é un conxunto de leis en acadio que o profesor e experto en linguas antigas Xosé Antón Parada traduciu ao galego e que viu a luz en 2022. Agora, o libro no que figura dita tradución presentarase ante o público da Pobra do Caramiñal no xoves 22, ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

O autor estará acompañado durante o acto do alcalde, José Carlos Vidal; da parlamentaria galega, Rosana Pérez; do director da colección Vetera da editorial de Cangas Rinoceronte, Raúl Gómez-Pato; e do editor de Rinoceronte, Moisés Barcia.

A publicación do Código de Hammurabi e outras compilacións legais de procedencia babilónica achega textos que tiveron unha expansión e unha influencia determinante na historia da humanidade. As coleccións de leis aquí presentes foron recollidas por escribáns nas escolas e centros reais da antiga Mesopotamia entre os séculos XVIII e o I a .C.

Este arduo traballo de tradución fixo que o seu autor resultase merecedor do XXI Premio Plácido Castro.

A entrada é libre ata completar a cabida da referida instalación municipal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.