“Non foi, ao meu entender, unha boa idea”. Antón Luaces

17 Febreiro 2024

Cada día entendo menos a aqueles que, acubillándose na súa condición de deputados electos en exercicio, din fóra do seu ámbito oficial todas aquelas ocorrencias que, no decurso dunha sesión parlamentaria poderían ter cabida na mesma sen que, para quen as pronuncia, cheguen a ter consecuencias que un xuiz podería aplicar en base ao que talvez poidera entenderse como estar no uso da súa liberdade de expresión.

É o caso, unha outra vez, da presidenta da Comunidade de Madrid, dona Isabel Díaz Ayuso, para quen un paseo entre os eucaliptos que existen  nos montes galegos resulta gozoso.Está no seu dereito.Eu prefiro pasear entre castiñeiros, bidueiros e demáis árbores menos perniciosas para a terra que aquelas que para a señora Ayuso  resultan atractivas. Mais, repito, ten todo o dereito do mundo a desfrutar do que, para os koalas, é fundamental debido a que a folla do eucalipto -que tanto usabamos para combater os catarros previa cocedura- é básica para a súa alimentación.Sen embargo, dicir o que dixo en Galicia a presidenta Ayuso, resulta cando menos chocante porque, imaxino, ben sabe ela da controversia que aquí existe sobre a “bondade” desa árbore de rápido crecemento que moitos galegos rexeitan/rexeitamos.Coido que a presidenta da comunidade madrileña dixo o que verdadeiramente sinte e que, cando fala de “mi Galicia”, esta dos eucaliptos  é a Galicia que non concibe, obviamente, sen eles. A min tamén me custou deixar de ver nos montes galegos aqueles grandes toxos que servían o mesmo para os curráis que para estrar as cortes das vacas ou facer que os fornos queceran para que, aproximadamente cada quince días, as familias poideran saborear o pan trigo, o pan de fariña de millo, o pan de mistura e, naturalmente, as bolas e empanadas de toda caste.Cada quen coa súa teima. Pero falar de eucaliptos onde esa árbore é estrana,, allea ao tempo que abondosa, non  foi unha boa idea, máximo cando dende todas as instancias -incluidas as oficviais- se pretende corrixir aquilo que, para os nosos avós, foi un medio de axuda á sempre precaria economía das familias labregas.Séi que hai máis galegos que opinan como a presidenta da comunidade de Madrid. Pero cada vez menos, por moito que os madeiristas promovan a reprantación de eucaliptos, sabedores de que un euro é máis ca unha peseta e que os nosos antepasados xuntaban pesetas con enorme afán grazas, en moitos casos, á venda dunha presa de eucaliptos de cuxo crecemento pouco ou nada  se preocupaban. Nacían e medraban como por xeración espontánea. Como lle nacen e medran as ideas a dona Isabel Díaz Ayuso, que non promove -que se saiba- a prantación na “súa” comunidade de árbores das que comen os koalas. 

Outros artigos

“Fóra de tempo” – Manuel Domínguez

Un estudo filosófico da atemporalidade Samuel Baron, Kristie Miller e Jonathan Tallant Ten habido moito debate sobre como é o tempo, pero non sobre se existe. O obxectivo deste libro é facer pensable a ausencia do tempo. Poida que o tempo non exista. Pois por esta...

+

“Nó gordiano” – Xulio Xiz

Escoito que un político afirma que “aos xuíces non teñen que escóllelos os xuíces senón o pobo cos seus votos”. Espero que a afirmación berrada se referise a que, unha vez consigan ser xuíces, superando estudos e probas pertinentes, as forzas políticas sexan as que...

+

“En nombre de la razón”. Xosé A. Perozo

Tome usted 350 gramos de salsa de bulo, 300 de masa de mentira y 350 de guiso de ignorancia, mézclelos a conciencia y viértalos en cualquier disputa dialéctica. Tendrá ante sí el fenómeno del descarrile político que estamos viviendo desde el fracaso de Feijóo para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dúas realidades” – José Manuel Pena

“Dúas realidades” – José Manuel Pena

Se meditásemos un pouco máis seguro que non diriamos moitas das bobadas que largamos libre e alegremente pola boca, cada día. Observamos máis xente apática, triste, deprimida e demasiado pesimista, case sempre o tema de conversación céntrase no diñeiro e na crise. Uns...

¡Hala Madrid!. Alberto Barciela

¡Hala Madrid!. Alberto Barciela

El deseo de ganar le hace ganar. Blanco sobre negro. Hay sí preparación, concentración, incluso fanatismo. Hay estrategia, próxima al ajedrez o a la guerra, o al ballet incluso cuando se roza el virtuosismo de una gambeta, un regate, o se alcanza el balón para...