Os ecoloxistas manteñen o voluntariado de limpeza das praias para retirar o máximo de granulados e outros residuos (este sábado en Portonovo)

17 Febreiro 2024
Lixo de toda índole, todo el contaminante, atopado este sábado na praia de Canelas, en Portonovo

A organización Ecoloxistas en Acción informou este sábado 17 de que mantén o seu voluntariado de limpeza de praias para retirar o máximo de bólas plásticas e outros residuos para reducir o dano ao medio mariño. Este sábado, sen ir máis lonxe, convocouse unha xeira para a retirada de refugallos contaminantes na praia de Canelas (Portonovo) na ría de Pontevedra. Na Rede podemos consultar datos, imaxes e vídeos dos traballos despregados estes días. A organización alerta que a diminución da chegada dos gránulos plásticos procedentes do buque Toconao ás praias “non é necesariamente unha boa nova, xa que implica que están flotando no mar e non se poden recoller”.

As brigadas de limpeza de praias de Ecoloxistas en Acción veñen observando unha redución da chegada de pélets ás praias despois dos últimos temporais, pero lonxe das mensaxes que buscan minimizar os impactos dos plásticos, a organización ecoloxista advirte que “o feito de que non cheguen ás praias non é necesariamente unha boa nova, pois boa parte do material continúa no mar, onde non se pode recoller, ou está soterrado baixo a area”. Mesmo así, a organización mantén o operativo de voluntariado de limpeza de praias, unha vez que se continúan retirando bólas e outros residuos plásticos en cada intervención. De feito, na xornada de limpeza de hoxe sábado, as brigadas de voluntariado retiraron varios sacos de lixo plástico na praia de Canelas, en Portonovo.

Ecoloxistas en Acción chama ás administracións (locais, autonómica, estatal, europea) e á sociedade a non esquecer o problema da contaminación por plásticos “urxindo a adoptar plans para a limpeza e xestión de plásticos aproveitando a experiencia adquirida nos últimos meses durante a crise do Toconao“.

A organización ecoloxista lembra ademais que “o problema dos plásticos é apenas a punta do iceberg das ameazas que se cernen sobre as rías e costas galegas, e que inclúen a mala xestión de augas residuais, a contaminación de metais pesados desde minas como as de Touro e San Finx ou a neglixencia das empresas hidroelétricas á hora de operar encoros como o do Tambre”. Por iso, demandan que “non se abandone o mar e a súa xente, poñendo o foco na conservación e restauración dos ecosistemas mariños”.

Tamén lembran que no Parlamento Europeo discútese estes días a proposta de Regulamento da Comisión Europea sobre a prevención das perdas de pélets. Ecoloxistas en Acción espera que, tras o desastre do ocorrido en Galicia, “o regulamento teña a máxima ambición e esixa polo menos que se inclúen medidas de prevención e responsabilidade para o transporte marítimo de granulados plásticos para evitar que sigan ocorrendo perdas desde buques”.

Para Ecoloxistas en Acción “tralo episodio vivido nas costas galegas, é o momento de que a clase política demostre que lles preocupa o mar, a súa biodiversidade e o futuro do sector pesqueiro”. Sinalan ademais que os impactos sobre os ecosistemas destes microplásticos non están contabilizados e a limpeza e restauración parcial non pode seguir recaendo sobre a cidadanía e os medios públicos, como ocorreu en Galicia.

Desde a organización ecoloxista insisten en que “as empresas teñen que pagar o que contaminan, pero, sobre todo, teñen que deixar de contaminar. Por iso é fundamental instaurar medidas estritas de prevención en toda a cadea de subministración”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.