Muros acolle este domingo o III Trail Cova da Bruxa e a I Regata de Bateis Muros de San Pedro

16 Febreiro 2024

O concello de Muros acolle este domingo, día 18, dúas probas deportivas de primeiro nivel co III Trail Cova da Bruxa, que será o Campionato de Galicia de Trail Running Individual e de Clubes, e a I Bandeira de Bateis Muros de San Pedro.

“Unha xornada para desfrutar do deporte, da natureza e do Concello de Muros en xeral”, asegura a alcaldesa, María Lago.

“O campionato de Trail Running contará con competidores de talla internacional e na Bandeira de Bateis temos que animar aos rapaces de Muros, que competirán cos equipos da Zona Norte”, afirma pola súa parte Damián Torea, concelleiro de Deportes.

O deste domingo en Muros será o primeiro campionato galego de Trail Running que inclúe as categorías sub 16, sub 18 e sub 20 Individual, cun percorrido específico preclassic de 14 quilómetros.

A competición nas categorías sub 23, absoluta e máster será no Trail Longo (23 km), que será a súa vez campionato de clubs. O evento cumprirá con toda a normativa da Federación Galega de Atletismo no que atinxe á protección medioambiental, seguridade e loxística, e por suposto cuns percorridos elixidos con mimo polo club organizador, o Serres Runners.

A Federación Galega de Atletismo espera un milleiro de participantes na proba, un récord de inscritos, e a Bandeira de Bateis comezará ás 10:30 horas no porto de Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión