Padrón celebra o día 23 o Día de Rosalía co Caldo de Gloria

18 Febreiro 2024

A Fundación Rosalía de Castro volve poñer en marcha este 2024 no aniversario de Rosalía o “Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.

COMO PARTICIPAR (*)

a) Fai un Caldo de Gloria:

– Podes seguir as instruccións que Rosalía dá no poema.  

– Ou consultar a receita de Picadillo (1905).

– Ou seguir os consellos de Óscar Vidal, cociñeiro xefe d’O Pazo Asador de Padrón, a primeira Estrela Michelín da Terra de Iria que fixo o Caldo na Casa de Rosalía en 2023. Tamén podedes ver aquí a proposta de Lucía Freitas (do restaurante A Tafona, estrela Michelín) ou a de Xoanqui Ameixeiras. 

b) Logo le un poema rosaliano (ou máis). Pode ser o ‘Miña casiña, meu lar’ que inspirou esta iniciativa, ou calquera outro.

c) Desfrútao e compárteo nas redes sociais cos seguintes cancelos (hashtags): #CaldodeGloria #DíadeRosalía

TOMA UN CALDO DE GLORIA – PARTICIPA NA ALBORADA DE ROSALÍA

Ademais, estes son os eventos que organizamos o 23 de febreiro de 2024:

Padrón

  • 10.00. Saída da Rúa do Sol ata a Estatua de Rosalía no Espolón. Alborada cos Carapaus e lectura de poemas por parte do alumnado dos IES Camilo J. Cela e Macías o Namorado de Padrón.
  • 14.00 Pasarrúas con Carapaus e cabezudos polo centro da vila. Degustación de Caldo de Gloria.

Santiago 

  • 11.00. Acto público, Alborada cos Carapaus e ofrenda na Praza de Vigo de Santiago.
  • 12.00. Acto institucional no Hostal dos Reis Católicos. Con lectura de poemas rosalianos e música cos Carapaus, os alumnos da Escola de Música Estela Pereira e Lucas Lugo, e FAIA. Degustación do Caldo de Gloria posterior. 

Casa de Rosalía

  • 19.00 Degustación de Caldo de Gloria na Casa de Rosalía con Suso do Dezaseis e Uxía.
  • 20.00 Concerto no auditorio da Casa de Rosalía: FAIA

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.