
A patronal boirense (ABE) vén de acadar unha relevante marca en materia de captación e retención de clientes e de recoñecementos á fidelidade polos comercios de proximidade. En concreto, a Asociación Boirense de Empresarios informou de que o sistema de fidelización para os clientes dos negocios asociados á patronal acaba de bater o récord de premios entregados xa que no que vai de ano entregáronse 139 premios dos catálogo.
A ABE destaca que o premio mais solicitado polos usuarios é o Bono ABE de 5€, dos que foron entregados 123 cun valor total de 615 €. Estes bonos poderán utilizarse sen caducidade en calquera dos negocios asociados.
A asociación tamén fixo saber que neste intre o sistema de fidelización conta con 2.725 usuarios activos e 35.582 tícket rexistrados, o que resulta “todo un éxito para esta ferramenta dixital implantada pola ABE hai pouco mais de un ano”, sinala a patronal, engadindo que o sistema funciona de maneira “moi sinxela”, xa que o cliente so ten que rexistrar os tíckets de compra na web www.abe.gal e vai acumulando o 10% do seu importe en puntos que poderá cambiar polos premios do catálogo. Actualmente moitos dos premios están esgotados polo que o vindeiro 1 de abril a ABE estreará un novo catálogo formado por 9 novos premios. A asociación lembra que os puntos do ano 2023 non utilizados caducarán o 31 de marzo.
Esta iniciativa está co-financiada pola Xunta de Galicia.




