Bronca entre gardapescas e furtivos en Cabo de Cruz que acaba no cuartel da Garda Civil

10 Febreiro 2024

Tres guardapescas da Confraría de Cabo de Cruz recuperaron preto de 3 quilogramos de ameixa japónica de tamaño ilegal que foi capturada en Praia Xardín durante a pasada madrugada. O enfrontamento cos furtivos desembocou nunha denuncia por agresións e ameazas presentada no cuartel da Garda Civil de Boiro.

O incidente empezou ao redor das 20.30 horas do venres, cando avistaron a dous individuos pescando sen permiso na zona da praia de Careixo. Os vixiantes tentaron sen éxito recuperar as capturas e os furtivos, quen son coñecidos nas concesións de Cabo de Cruz, lograron escapar.

Preto da medianoite, os guardapescas interceptaron novamente aos mesmos pescadores ilegais, esta vez en Praia Xardín. Decidiron esperar a que saísen da auga coas capturas e, nese momento, procederon a identificalos e solicitáronlles que entregasen o marisco.

Un dos furtivos tentou golpear a un dos gardas que lle agarraba a bolsa, pero este logrou esquivar o golpe. O vixiante viuse obrigado a utilizar espray de pementa.

Cun pau en man, o segundo furtivo, quen estaba sendo retido polos outros gardas rurais, ameazou aos traballadores do depósito. O compañeiro que fora asperxido con espray volveu intervir, logrando desarmar ao furtivo e contelo para evitar máis agresións.

Finalmente, un dos furtivos, baixo a supervisión dun guardapescas, devolveu á auga o molusco que levaba, mentres que ao agresor incautáronselle preto de tres quilogramos de marisco. No que vai de semana os vixiantes do pósito dentificaron a once furtivos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.