A Pobra, entre os concellos beneficiados polas axudas da Deputación para a contratación de axentes de igualdade

09 Febreiro 2024
A deputada da nosa comarca, Soledad Agra

A Deputación da Coruña investirá este ano 310.000 euros no programa de subvencións a municipios de menos de 20.000 habitantes e outras entidades locais para o financiamento de persoal técnico e axentes de igualdade de xénero. Os concellos que se van beneficiar das axudas durante o presente exercicio son A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Arzúa, Betanzos, Brión, Coirós, Fene, Mañón, Negreira, San Sadurniño, Santa Comba, Tordoia, Touro, Trazo e Vimianzo, aos que se engade a Mancomunidade de Municipios de Ordes.

O programa ten por obxecto “contribuír a que os concellos dinamicen e desenvolvan iniciativas que acurten a fenda de xénero”, en coordinación co departamento de Igualdade provincial e dentro do I Plan de acción das políticas de igualdade de xénero 2019- 2023.

“Con este investimento”, explicou a deputada outense de Igualdade, Soledad Agra, “seguimos contribuíndo ao avance pola igualdade entre homes e mulleres no territorio provincial, que non sería posible sen persoal técnico especializado que facilite a colaboración entre concellos e Deputación e a posta en marcha e mellor impacto e eficacia das accións necesarias”.

A deputada engadiu que “ademais desta liña de axudas a concellos e outras a entidades sen fins de lucro, a Deputación leva posto en marcha diversos proxectos, entre os que destacan o Programa de Apoio á Rede de Acollemento para Mulleres en situación de violencia de xénero (PRAM); programas socioeducativos e culturais; concursos e campañas de prevención da violencia machista; bolsas de investigacións; cursos de formación en igualdade; ou os plans de emprego para favorecer unha maior participación da muller no mercado laboral”.

A relación dos dezaseis beneficiarios e a contía que recibirá cada un publicouse no BOP do 9 de febreiro e pode consultarse e descargarse na seguinte ligazón: FOAI/2024

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.