No pleno da corporación de Rianxo do pasado mércores no que se aprobou por unanimidade o Plan Único da Deputación o BNG votou afirmativamente pois se incluíron parte de proxectos xa encargados e impulsados polo anterior equipo de goberno,
Entre eles sinalamos a primeira fase do saneamento e abastecemento de Vilanustre en Asados, o tramo Corques-Outeiro en Taragoña que entronca co xa realizado en Corques proveniente do depósito de Taragoña e que permitirá abastecer desde alí os tramos do Araño realizados en Pousada e A Casilla, con maior potencia de caudal.
Engádense tamén dous proxectos de iluminacion led para o Paseo Marítimo na liña do primeiro aprobado e pendente de licitación.
O BNG xa avanzara que desexaba que estes proxectos, que afondan no compromiso na ampliación dos servizos básicos para a poboación dos núcleos, non se eliminasen senón que fosen redirixidos a esta nova convocatoria. Saudamos positivamente o troco no voto do actual goberno de Rianxo en Común nestas novas convocatorias para incluir estes proxectos.
Tamén, dado que conta para este 2024 cunha cantidade de 452.359 euros inicial que podería chegar a duplicarse en sucesivas ampliacións incluise como POS adicional a segunda fase de saneamento e abastecemento de Vilas por 145.523,78 €.




