A Asociación de Empresarios de Portosín, coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello do Son, organizan este domingo 11 de febreiro unha Festa do Entroido, a partir das 17.00 horas na vila de Portosín. O programa de actividades vén con propostas creativas para a rapazada, incluída unha vertente gastronómica marcada pola degustación de filloas e chocolate. Achegarase un concurso de disfraces infantil coas modalidades de individual, grupo e refraneiros do Entroido. As inscricións poden facerse dende ás 16.00 até as 16.45 horas da devandita xornada, que rematará, xa avanzada a tarde, coa Queima da Sardiña.



