The Rapants esgota en 15 minutos as entradas para a festa de presentación de “La máquina del buen rollo”

02 Febreiro 2024

A banda muradá The Rapants vén de pendurar, en tan só 15 minutos, o cartel de entradas esgotadas para a festa de presentación do seu terceiro álbum, La máquina del buen rollo, prevista para o sábado 23 de marzo na Sala Capitol.

Ante “a masiva resposta do público”, a banda muradá propón unha segunda data na mesma sala de Santiago para que poidan asistir todas aquelas persoas que quedaron sen billete. A nova cita será o domingo 24 de marzo, ás 20.00 horas (apertura de portas ás 19h) e a venda activarase a partir das 12.00 horas do luns 5 de febreiro na plataforma Ataquilla.com.

The Rapants iniciou 2024 coa publicación de Blaster W4u, o primeiro avance das novas creacións que o grupo presentará ao vivo nos seus divertidos e talentosos directos. Alén dos dous concertos da Sala Capitol, a banda muradá actuará en citas como EmigraSON, Ourensound, Portamérica, SonRías Baixas ou Osa do Mar.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.