O Grupo de Teatro Terra de Outes estréase nas táboas con Comedía Bífida, de Manuel Núñez Singala

02 Febreiro 2024

Este sábado 3 de febreiro, ás 20:00 horas, celébrase a estrea oficial do Grupo de Teatro Terra de Outes. Será Casa da Cultura da Serra, no marco da mostra teatral impulsada pola Área de Cultura do Concello.

O grupo está constituído por un grupo de veciñas e veciños do termo municipal que decidiron, hai agora un ano, xuntárense e dar o chimpo aos escenarios para se conformar como grupo amador de teatro. A súa andaina comeza obra Comedia Bífida, de Manuel Núñez Singala.

Inserido na Asociación Cívico Cultural “Terra de Outes”, o grupo de teatro naceu en xaneiro do 2023 e conta cun amplo elenco de actores e actrices, na súa maioría veciñas do propio concello e que tamén na maioría dos casos debutan nos escenarios teatrais.

Segundo informou o propio colectivo, hai moita ilusión entre as súas filas con respecto á estrea deste sábado, non só pola vertente artística e creativa do reto e si mesmo, senón tamén porque representa “un día de festa cultural para o municipio, xa que con este debut inaugurase unha actividade que até hoxe era unha eiva e dáse ademais un grande pulo á vida social entre a veciñanza, dinamizándoa e animando as relacións dos e das habitantes do concello e con outros”, engaden.

Con esta estrea pecharase a programación do Outono Teatral do Concello de Outes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.