O Concello da Pobra presenta o VII Concurso de Embelecemento de Balcóns, Fachadas e Núcleos Veciñais cunha nova categoría colectiva

19 Novembro 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou a sétima edición do Concurso de Embelecemento de Balcóns, Fachadas e Núcleos Veciñais, unha iniciativa que chega este Nadal cunha importante novidade: a incorporación dunha categoría colectiva que permitirá aos veciños e veciñas organizarse para adobiar de xeito conxunto os seus barrios e núcleos de poboación.

Na presentación participaron a concelleira de Promoción Económica, Amparo Cerecedo, e Sara Sánchez, técnica da área, que foi a encargada de explicar os detalles técnicos e as condicións de participación do certame de decoración.

Durante a súa intervención, Amparo Cerecedo puxo o foco “na importancia de crear comunidade a través desta iniciativa”, destacando que o concurso pretende ir máis alá da decoración individual das vivendas e “converterse nunha oportunidade para fortalecer os vínculos veciñais, fomentar a colaboración e implicar a cidadanía na creación dun ambiente de Nadal compartido”. A incorporación da nova categoría colectiva busca precisamente favorecer que os barrios e núcleos de poboación se organicen arredor dun proxecto común.

Pola súa banda, Sara Sánchez detallou o funcionamento do concurso, que contará con dúas modalidades. Na categoría individual poderá participar calquera persoa propietaria ou arrendataria dunha vivenda situada no municipio que dispoña dunha fachada visíbel desde a vía pública. Na categoría colectiva poderán inscribirse grupos formados por un mínimo de seis vivendas dun mesmo núcleo de poboación, que deberán designar unha persoa representante.

O prazo de inscrición ficará aberto do 18 de novembro ao 4 de decembro, ambos os dous incluídos. As solicitudes poderán presentarse a través de promocioneconomicapobra@gmail.com ou no teléfono 981 843 280 (extensión 2035).

As decoracións deberán estar instaladas como máximo o 9 de decembro e manterse ata o 6 de xaneiro de 2027. Ademais, as persoas participantes deberán enviar polo menos catro fotografías da súa proposta para facilitar a valoración por parte do xurado.

En canto aos premios, na categoría individual establécese un primeiro premio de 600 euros e cinco segundos premios de 300 euros cada un, un por parroquia. Os premios consistirán en vales de compra (Caramiñas) para gastar no comercio local. Na categoría colectiva, o grupo gañador recibirá como premio a organización e celebración dun evento durante o Entroido de 2027, cunha data que se determinará de común acordo entre o Concello e o grupo premiado.

O xurado valorará aspectos como a orixinalidade e creatividade das composicións, a calidade ornamental, a harmonía do conxunto, a laboriosidade e outros elementos, como a iluminación. O resultado darase a coñecer o 17 de decembro.

Desde o Concello animan “a toda a veciñanza a participar nesta nova edición, tanto individualmente como en grupo, contribuíndo a embelecer o municipio e a facer do Nadal unha celebración compartida en toda a Pobra do Caramiñal”.

As bases completas poden consultarse na páxina web municipal, apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

Unha trintena de centros escolares públicos e privados galegos recibiron onte, mércores, cadanseu correo electrónico con esta expresiva mensaxe: "Si desea salvar la vida de los estudiantes, abandone el edificio". Con educación e perfecto castelán, mais cun ton...

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

.Hai xa bastantes anos insistíalle eu a un alumno que se atascara nunha tradución do latín: «Pensa, pensa!». O rapaz moveu a cabeza e, ao cabo duns segundos, estoupou, o pobre: «Pensar doe, profesor!». Durante moito tempo contei aquela resposta como unha simple...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.