Ribeira repartirá de balde 110 composteiros domésticos entre a veciñanza

11 Outubro 2026

A iniciativa, cofinanciada con fondos europeos, está dirixida a vivendas unifamiliares con horta ou parcela para optimizar a xestión dos residuos orgánicos.

O Concello de Ribeira vén de poñer en marcha unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica a través da cal distribuirá de forma gratuíta un total de 110 composteiros entre as vivendas unifamiliares do termo municipal. O proxecto busca incrementar a eficiencia na xestión dos residuos locais e conta co cofinanciamento da Unión Europea ao abeiro do programa Galicia Feder 2021-2027.

Poderán optar a un destes colectores as persoas residentes en vivendas illadas que dispoñan dunha parcela ou horta cunha superficie mínima de 25 metros cadrados. As solicitudes xa se poden formalizar por dúas vías: en liña, escaneando o código QR presente nos carteis informativos da campaña, ou ben de xeito presencial acudindo á oficina municipal de Atención Cidadá.

Os recipientes facilitados contan cunha capacidade de 400 litros e están deseñados para a súa colocación no exterior da vivenda. Para acadar un óptimo proceso de descomposición, recoméndase situalos directamente sobre a terra —facilitando así a entrada dos microorganismos descompoñedores— e nun lugar sombreado e ao resgardo do mal tempo, preferentemente baixo unha árbore de folla caduca.

Con esta campaña, o goberno local persegue salientar os beneficios ambientais, económicos e sociais que achega a autoxestión dos biorresiduos. A iniciativa permite, ao mesmo tempo, recuperar e modernizar un costume fondamente arraigado no agro galego: o aproveitamento dos restos orgánicos, agora mediante un formato máis hixiénico, cómodo e eficiente que reduce a cantidade de lixo xerada dende a orixe.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.