
Este domingo prosegue o ciclo de cinema no Coliseo Noela de Noia (o ciclo Cine na Vila), farao coa proxección de I Swear.
Trátase dunha historia real que combina emoción e humor: a de John Davidson, un escocés con síndrome de Tourette que debe afrontar os prexuízos e a incomprensión de quen o rodea.
Dirixida por Kirk Jones, a película conta coa interpretación de Robert Aramayo, recoñecido co BAFTA ao mellor actor protagonista por este papel. Unha oportunidade para achegarse á súa historia e á importancia de sentirse comprendido e acompañado.
As entradas están dispoñíbeis en Ataquilla.com ou ben na billeteira no mesmo día da función, antes da proxección.
Trátase dunha proposta do Cineclub de Noia Claudio Guerín, en colaboración co Concello de Noia.
Domingo 11 de outubro
18:30 h · Apertura de portas ás 18:15 h
Teatro Coliseo Noela
Versión orixinal subtitulada en castelán (V.O.S.E.)
4 € máis gastos de xestión



