O Pablo Sax Cuarteto presenta Selene este sábado no Coliseo Noela de Noia

08 Outubro 2026

A agrupación de jazz Pablo Sax Cuarteto vai presentar o seu novo traballo, Selene, este sábado no Coliseo Noela. Será, en palabras do Concello, “unha proposta que combina composición e improvisación, baixo a inspiración da Lúa que lle dá nome ao traballo”.

Pablo “Sax” F. Sinde estará acompañado por Pablo P. Sanmamed ao contrabaixo, Alejandro Vargas ao piano e percusións e Sergio González á batería. Xuntos ofrecerán un repertorio con composicións propias e obras de grandes referentes como Coltrane, Mingus ou Monk.

Como dixemos, a cita é sábado 10 de outubro ás 20.30 horas, no Teatro Coliseo Noela.

A entrada terá un custe de cinco euros máis gastos de xestión, en Ataquilla.com e no teatro o propio día da actuación.

Pablo Sax (F. Sinde) naceu en Renkum – Oosterbeek (Holanda) en 1967, fillo de emigrantes galegos.

Cando tiña apenas seis anos, a súa familia retornou a Galicia, instalándose na nosa comarca.

O seu disco máis recente titúlase Selene, un álbum autoeditado e gravado integramente en directo no emblemático Filloa Jazz Club da Coruña. O repertorio inclúe pezas orixinais como Ornette bebe té verde (Ornette Coleman), Esperpento en Re menor (Valle-Inclán) ou Klee (Paul Klee). Tamén hai clásicos modernos de Charles Mingus (Reincarnation of a Lovebird), Eric Dolphy (Serene) e John Coltrane (Miles’ Mood)

Outros artigos

Prosegue en Noia o ciclo Cine na Vila coa proxección de I Swear

Este domingo prosegue o ciclo de cinema no Coliseo Noela de Noia (o ciclo Cine na Vila), farao coa proxección de I Swear. Trátase dunha historia real que combina emoción e humor: a de John Davidson, un escocés con síndrome de Tourette que debe afrontar os prexuízos e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Jubiladas-os, vuestra es la voz” – Manuel Domínguez

“Jubiladas-os, vuestra es la voz” – Manuel Domínguez

¡Jubiladas-os, vuestra es la voz! Empiezo en femenino por atención a las mujeres fieles que cada día, me regalan su opinión sobre mis escritos. Sufridoras de este sistema corrupto, miedo a lo que vendrá. Dame la mano y caminemos juntos. En España hay 10 millones de...

“Francia examina a sus políticos”. José Castro López

“Francia examina a sus políticos”. José Castro López

Estuvo en España Emmanuel Macron y, al hilo de su visita, es procedente recordar lacapacidad de Francia para marcar tendencias más allá de sus fronteras. La Ilustraciónsentó las bases de la democracia moderna, la Revolución Francesa precipitó el final delabsolutismo y...

O Barbanza

Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.