O Concello de Ribeira saca a licitación a musealización do edificio anexo a Cerqueira

09 Outubro 2026

A revitalización do barrio de Bandourrío poñendo o foco sobre a histórica conserveira Cerqueira dá máis pasos cara a súa materialización despois de que o Concello de Ribeira sacase a licitación a musealización da edificación anexa.

Preservando este ben patrimonial, o proxecto contempla a conversión do inmóbel industrial nun equipamento cultural para ser visitado, sen perder o seu carácter marítimo e, en particular, coa industria conserveira que seguiu á actividade da salgadura. Así, a musealización terá como fío argumental dita actividade do pasado. O andar baixo servirá como recepción común da parte expositiva e de acceso á nave, mentres que no primeiro andar farase máis fincapé nese vínculo coa propia fábrica a través dos ocos xa existentes.

Trátase, polo tanto, dunha proposta que equilibra a conservación, a historia a transmitir aos visitantes e a experiencia. O prazo de execución das obras será de 10 meses.

O orzamento da licitación é de 511.355,05 euros, IVE incluído, co-financiado nun 60% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro da estratexia de desenvolvemento integrado local (Plan EDIL) PAI Ribeira Atlántica 2030. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata as 23.59 horas do 3 de novembro a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Dous” – Tonio Nóvoa

Adiviña nº 2, escultura de May Lucas ADIVIÑA NÚMERO DOUS . . adiviña adiviña, . o que será que vén sendo é? . . é unha sobrante . desbotada entre a compra dun billete barato . e a publicación dunha historia . que caduca . á hora da seguinte historia. . . é un rañolas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.