
O Concello de Rianxo comezou o mes de outubro con novas obras en marcha e con proxectos e novidades importantes, segundo confirmou o alcalde Julián Bustelo, nun pequeno adianto publicado nas redes sociais. Entre estes traballos en fase de desenvolvemento atópase a ampliación da rede de saneamento no lugar de Tronco (Rianxo). Un proxecto que supón un investimento de 208.785,50€. Estas obras favorecerán que se poidan conectar á rede un total de 15 novas vivendas, así como o camping existente no lugar, segundo confirmou o rexedor, quen lembrou que esta iniciativa conta con financiamento do programa POS+ da Deputación da Coruña.
Outros proxectos
· Avanzan as obras para a ampliación da rede municipal de abastecemento de auga entre Corques e Outeiro (Taragoña). Esta actuación conta cun orzamento 90.713,70€.
· Continúan tamén as obras seguir ampliando as redes de abastecemento de auga e de saneamento no núcleo de Quintáns (Isorna), a carón da DP-3301. Ao rematar iniciaremos os traballos para ampliar as ditas redes no núcleo das Sobreiras (Isorna).
· Comezamos os traballos de limpeza de varias pistas da aldea da Bacariza (Isorna) para a continuación renovar complemetamente o firme dos viais con aglomerado en quente. A vindeira semana comezaremos tamén traballos similares na aldea do Regueiro (Isorna).
· Adxudicamos a obra de mellora do entorno do hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€.



