
A Policía Local de Muros conta cun novo automóbil, mellorando desta forma os seus medios materiais. O Concello xestionou a adquisición a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta e o vehículo realizará accións medioambientais e de protección do patrimonio natural de Muros, entre outras tarefas.
A alcaldesa de Muros, María Lago, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Sandra Maneiro, consideran que este novo vehículo servirá “para mellorar o servizo público en favor da nosa veciñanza que realiza a diario a Policía Local de Muros”.
Trátase dun versátil vehículo SUV cun motor altamente eficiente (etiqueta Cero Emisións ou ECO híbrido) e dotación policial completa.
Coa instalación da sinalización de emerxencia, luces e serea, funciona como unha oficina móbil rápida para cortes de tráfico, accidentes, e axuda directa aos veciños



