Volven o 27 de setembros os roteiros Goza do Ulla co percorrido “As Tres Cruces”

06 Setembro 2026

O programa de roteiros Goza do Ulla volve a Rianxo o vindeiro 27 de setembro cunha ruta organizada polo Servizo de Deportes do Concello para desfrutar da fermosa paisaxe do treito final do río e do esteiro do Ulla.

A actividade é de balde e as inscricións estarán abertas ata o día 24 de setembro.

O programa Goza do Ulla 2026 acolle un total de 19 rutas que percorren os 20 concellos bañados polo río Ulla.

O vindeiro 27 de setembro o Concello de Rianxo organiza a andaina As Tres Cruces. Trátase dun percorrido circular con inicio e remate na escola unitaria de Quintáns. Ao longo dos aproximadamente 12 quilómetros as persoas participantes percorrerán a contorna da desembocadura do río Ulla e dos montes das Cercas.

A hora de inicio será as 9.30. Será unha actividade balde. Non está permitido levar animais durante o percorrido desta actividade.

As inscricións estarán abertas ata o xoves 24 de setembro ás 23:59 h. Máis información nos teléfonos 981 866 381/ 661 247 136 ou no correo deportes@concelloderianxo.gal.

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.