Venres 18, ceo despexado e temperaturas en ascenso anticipo dun caluroso e soleado fin de semana

17 Setembro 2026

Recuperaramos este venres 18 a influencia das altas presións o que deixará bancos de néboa e nubes baixas en áreas do interior durante as primeiras horas da xornada. Co avance do día, estas masas tenderán a retirarse para dar paso a ceos moi abertos en xeral, acompañados unicamente polo paso dalgunhas nubes de tipo alto.

As temperaturas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado (máximas 24 a 28 graos). O réxime de vento manterase de compoñente nordés, soprando con carácter frouxo en terra e acadando intervalos de intensidade moderada no mar.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 5 á mañá e á noite e 4 a 5 á tarde. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 2 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.