Unha moza resultou ferida con diferentes golpes logo de caer ao río en Carnota

20 Setembro 2026

Os Bombeiros de Cee recastaron á moza, que foi trasladada en ambulancia tras ser atendida polo persoal sanitario dos diferentes golpes ocasionados debido á caída.

A rapaza, segundo a información recibida no 112 Galicia a través do alertador que chamou para pedir axuda, pasados dez minutos desta mañá, non corría risco de afogar xa que o caudal do río ía moi baixo, pero, sen embargo, o alertador explicaba as dificultades que presentaba a situación para chegar a ela, debido ao desnivel polo que caera. Aseguraba que a moza estaba lesionada.

Sucedeu una rúa de San Gregorio, á altura do número 19, en Santa Comba de Carnota, no concello de Carnota.

Os xestores do 112 Galicia ademais de pasar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil e dos Bombeiros de Cee. Tamén foron informados os axentes da Policía Local, os membros do GES de Muros e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Así, tras chegar a onde a ferida, os Bombeiros de Cee rescatárona e foi atendida decontado na ambulancia polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para, posteriormente, ser trasladada ao centro hospitalario de referencia. 


 

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.